DMK TERAPIA ENZIMÁTICA
DMK cre que a orixe da maioría das afeccións da pel é o resultado dunha falta de harmonía dentro da pel. Utilizando os principios da bioquímica, DMK formulou unha gama de tratamentos e produtos que estimulan á pel para comportarse como unha pel nova e sa. Ao facer coincidir as formulacións coa química do corpo, aléntase á pel para responder de maneira positiva.
O concepto de DMK é:
ELIMINAR – RESTAURAR – PROTEXER E MANTER
Os tratamentos de DMK restauran e reeducan o funcionamento óptimo da pel a nivel celular.

- As encimas son catalizadores biolóxicos, levan toda a actividade molecular da pel e do corpo.
- Son substancias vivas que regulan a saúde. Traballan con certos minerais dentro do corpo para formar un sistema antioxidante.
- As enzimas de DMK non traballan co factor do Ph como os ácidos e os alcalinos, o que as fai moi efectivas para peles reactivas.
- Están correctamente formuladas, poden retirar proteínas mortas, toxinas e outros efluvios da epidermis mediante o proceso denominado ósmosis reversa.
- A ósmosis reversa empuxa fluídos desde o interior das células da pel a través da membrana que as recubre á matriz. Isto deixa unha célula limpa e unha matriz clara e libre de toxinas.
- As encimas inician unha subida nos niveis de auga libre.
- As encimas non penetran na dermis, actívana.
- As enzimas de DMK contén aminoácidos como Prolina,Glicina e Lisina para estimular a actividade fibroblastica da célula, os fibroblastos sans producen novas fibras de colágeno máis sas.
Efecto Plasmático = linfa + sangue
A súa especial formulación encimática incrementa a circulación e crea unha acción de drenaxe linfático. Esta acción provoca na pel un novo fluxo de sangue fresco máis osixenada desde dentro da pel debido á dilatación dos capilares